NOTAS DE PRENSA
Sigue >
A.- Redución dun 10% dos salarios correspondentes ao Acalde e concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial, ao persoal de libre designación así como as dietas por asistencia a plenos e comisións.
B.- Redución dun 15% na partida destinada a gastos correntes para destinalo a investimento directo.
3.- DEMOCRACIA E PARROQUIAS.- Esta moción ten por obxecto potenciar o desenvolvemento económico, a autoadministración e participación cidadá nas parroquias do concello.
Proponse aprobar a elección democrática dos pedáneos e o desenvolvemento da Lei 5/1997 de 22 do xuño.
4.-AXUDA A UNIDADES FAMILIARES NUMEROSAS.- Esta moción ten por obxecto a adopción de medidas para que grupos convivientes numerosos non sexan discriminados nas taxas pola prestación de servizos básicos.
Entre estes servizos figuran, entre outros,  auga, rede de sumidoiros e depuración; lixo, e otras tasas que poidan estar afectadas
Información Municipal  do Grupo Socialista de Viana
 
Información Municipal  do Grupo Socialista de Viana
 
O Grupo Municipal Socialista rexistrou con data 27 de xuño catro mocións para o seu debate no próximo pleno municipal.
1.- MEMORIA HISTÓRICA.- A moción presentada ao amparo da Lei 52/2007, pola que se recoñecen, amplíanse dereitos e establécense medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictatura, pretende recoñecer e rehabilitar publicamente a todos os represaliados en Viana por motivos políticos, relixiosos ou ideolóxicos.
Á moción, que propón 11 resolucións, acompáñase unha copia do documento do Goberno Civil de Ourense que leva por título “Relación de indesexables” (Viana do Bolo) e unha relación alfabética provisional de represaliados en Viana do Bolo.
2.- MEDIDAS DÁ AUSTERIDADE.- A segunda moción ten por obxecto implantar un Plan de Austeridade Municipal para paliar as consecuencias da crise.
Os acordos que se propoñen son:
O GMS rexistra catro mocións para ser tratadas no próximo pleno
 
Os veciños queren saber
     
Con data 27.06.2011, o portavoz socialista no concello de Viana entregou no rexistro municipal as seguintes preguntas para ser contestadas no próximo Pleno:
1.- Festas patronais: Con que criterios orzamentarios vanse a programar as festas de agosto en Viana atendendo a crise económica?
2.- Limpeza: Ten previsto o Equipo de Goberno municipal retirar a propaganda electoral e en futuras convocatorias habilitar espazos?
3.- Piscina/Tenis: Ten previsto o Equipo de Goberno dotar ao viario construído contorna á piscina dalgún tipo de conglomerado par evitar o rebumbio que ocasionan os vehículos?

Lista de persoal Protección Civil
Ante os rumores sobre a relación de persoal admitido para desempeñar distintos traballos de Protección Civil, o portavoz socialsita no concello entregou no rexistro a petición para que lle sexa facilitada a lista definitiva de admitidos. Non se descarta outro tipo de iniciativas.
O Portavoz socialista no concello  renuncia a todo tipo de asignación económica
Tras anuncialo no pleno constituínte o pasado día 11 de maio, o texto da carta entregada no rexistro municipal o día 27 de xuño di: “Pola presente comunícolles que é a miña intención renunciar a percibir calquera tipo de dieta ou asignación dineraria, polo menos durante os próximos dous anos, polo desempeño do cargo de concelleiro, na nova corporación municipal constituida o día 11.06.2011.
O destino dos importes que poidan derivarse do desempeño do devandito cargo terán claramente un fin social, barallándose dous escenarios:
1.- Se o resto de grupos decide unirse á proposta adoptarase unha decisión de conxunto.
2.- No caso de que non se produza a situación anterior, as asignacións que poidan corresponder ao meu grupo repartiranse ao 50% entre Cáritas Astorga,  polo labor que vén desempeñando a nivel diocesano en Viana, e a Cruz Vermella Ourense, polo labor que desenvolve a nivel provincial, nacional e internacional”.
O resto de Grupos aínda non se pronunciou