O concello de Viana do Bolo está situado no oriente da província de Ourense, delimitado polos de Manzaneda, O Bolo e A Veiga polo Norte; A Gudiña e A Mezquita polo Sur; Zamora polo Este e Manzaneda e Vilariño de Conso polo Oeste. Ten unha extensión de 262 quilómetros cuadrados.
As suas coordenadas son: Latitud: 42,11º Norte. Lonxitude: 7,07º Oeste, encuadrada entre os macizos de O Invernadeiro e a Serra de Queixa ao oeste, Serra Segundeira e Porto ao este, e ao sur polos montes de Frieiras e Serra Seca.
No concello de Viana podemos distinguir duas unidades xeográficas: o sector ocidental, formado polos vales dos rios Camba e Bibei; e a zona sur-este-oeste conformado polos bordes montañosos das serras orientais que se perden en Castela. O rio Bibei marca o limite norte-sur, coa a província de Zamora, formando os encoros de San Sebastián e Pias, que con unha altitud superior aos 1.000 metros son dos mais altos de Galicia.
A altitud meia é de 1.229 metros, abalando na couta mais baixa sobre os 600 metros, no rio Bibei, até os 1.542 metros no porto oriental de Trasdoval, punto este mais alto do concello. Destacan tamén as coutas de Cabeza Grande de 1.249 metros, e o de Cabeza Pequena de 1.073 m.
O clima é oceánico de montaña, chuviosa e morno, de invernos frios e veráns calurosos, con unhas temperaturas meias de 0º a 5 º C no mes de xaneiro e de 17,5 º a 20 º no mes de xullo. As precipitacións meias abalan entre os 1.000 e os 1.500 mm.
A estrada OU533 cruza o seu território. Empeza en A Gudiña (A-52 Benavente Ourense-Vigo) e acaba en Lalín (Ponvedra).
 
 
LOCALIZACIÓN