




1933, nace o PSOE de Viana
Non resulta fácil escribir a historia do PSOE en Viana. Toda a documentación desapareceu co inicio da Guerra Civil e os vianeses que quedan da época eran entón demasiado novos para recordar o que os seus antepasados preferiron ocultarlles.
O que si está documentado é que o médico Juan Manuel Arias Jares foi un dos creadores do PSOE local e presidente do mesmo desde a súa creación en 1933 ata un ano despois. Xulgado en 1938 polo Tribunal de Responsabilidades Políticas foi deportado e confinado durante sete meses lonxe de Viana.
Outro dos socialistas destacados foi Severino Jares Arias, Presidente da Casa do Pobo e tenente de alcalde de Viana. Na súa casa tiña o “bufete” onde acudían moitos veciños a pedir consellos.
Co inicio da Guerra Civil tirouse ao monte e tras varios meses como escapado Severino conseguiu achegarse a Portugal de onde embarcou para Francia.
Moita peor sorte tivo o socialista Segundo Faílde Touriñán, coñecido como ”Touriñán”, que estaba casado con Pilar Rueda López, mestra en Quintela de Droso tamén socialista. Segundo Faílde, mestre na Rúa, tivo que botarse ao monte, aínda que frecuentou a parroquia de Quintela de Droso, onde residía a súa muller, e Viana onde foi detido en dúas ocasións, pero foi posto en liberdade en ambas por José Vila Barros, oficial de prisións de O Barco de Valdeorras, que se facía pasar oficialmente por falanxista, pero en conciencia, como demostrou, era todo o contrario.
Segundo Faílde foi asasinado o 8 de maio de 1937, aparecendo o seu cadáver en Viana do Bolo. A súa morte foi “por disparo de armada de fogo”. Tiña 28 anos.
Entre asasinatos, represaliados e fuxidos, o socialismo vianés, como a democracia, quedou sumido na clandestinidade das “lareiras” ata a recuperación da democracia.
Recuperación da democracia
A historia recente do socialismo vianés arrinca en 1976 cando España recupera a democracia. Este ano, Xullo López Dalama, crea a Agrupación do PSDEG-PSOE de Viana do Bolo. Foron uns anos difíciles xa que a engrenaxe democrática estaba oxidada tras tres anos de Guerra Civil e 36 de ditadura, e máis nesta zona na que os que non optaron por marcharse foron desterrados como sucedeu cos profesores Alfredo Suárez Canal ou Carlos Casares, cuxo nome hoxe loce o Instituto vianés.
En 1982, coincidindo coa vitoria do PSOE nas eleccións xerais, Indalecio Guerra García foi elixido como Secretario Xeral da Agrupación Local de Viana. A pesar da evolución democrática en todo o Estado, Indalecio Guerra tivo que asumir en primeira liña a defensa da socialdemocracia nun territorio inhóspito como é Viana para a esquerda.
En 1986 María Dolores Sánchez Somoza, substitue a Indalecio Guerra ao fronte da Agrupación Local de Viana, xa con un partido afianzado a nível nacional, pero con moitas dificuldades para exercer en Viana.
En 1990 José Benito Guerra García asume o enderezo da Agrupación vianesa.
En 1992, é eleito Secretário Xeral da Agrupación Darío Alonso Gulías, un histórico do socialismo na bisbarra.
En 2000 é Julio Ortega quen asume a secretaría Xeral da Agrupación
En 2008 é escollida a nova Agrupación Local...
HISTORIA