




|
As orixes do município e dos seus primeiros habitantes son confusas, e están baseados na lenda. Hai quen os relaciona coa cidade romana Forum Bibalorum, e coa tribo celta dos Bíbalos, que habitaba a beiras do Bibei (Bílbilis romanas), pero difícis de probar. Os primeiros vestigios de vida humana son os distintos asentamentos no concello como son os castros de Fradelo “No Tumbeiro do Castro”, Tabazoa de Edroso “No Couto”, No Castro “Torre dous Mouros”, Bembibre “Vila de Sen”, A Bouza “Bandea” e Froxais “No Castillón”. No ano 1.728 atopouse unha prancha labrada de bronce que pertenceu a esa tribo. Conta a lenda que os primeiros povoadores de Viana foron os griegos emigrados da Guerra de Troya, que chegaron a Viana o ano 1.119 a.C. Pouco despois chega o pobo romano, que foi o primeiro en explotar as terras vianesas, como pasou en Caldesiños onde a mina de ouro propriedade dos romanos era a mais importante do que hoxe é Galicia. Estes romanos procedian da antiga cidade “Forum Bibalorum”. Destacar que a via romana o Itinerario de Antonino era a que comunicaba Viana con Roma, da que ainda se conserva no lugar de Cepedelo e Fradelo un Miliario, que marcaba as distáncias da calzada. Tras a desintegración do Império Romano e xa no Medievo, é cando a Viana se lle concede a categoria de Vila, e de que a raíña portuguesa Teresa proclamase aos cuatro ventos que o seu reinado se estendia desde o Atlántico até o Bibei. |


