Benvidos   /   VIANA  É  SÚA  XENTE
   
Viana non é só o que fomos. Certo que non debemos nin queremos esquecer o noso pasado nin as nosas raíces, pero non podemos vivir nin deseñar un futuro baseado nos recordos e na nostalxia. Os protagonistas teñen que ser os cidadáns e cidadás de agora.
É a nosa responsabilidade, trazar un rumbo común de futuro senón queremos converternos en náufragos da historia.

A sociedade vianesa ten que fundamentar o seu futuro baixo un concepto de empresa compartida na que temos cabida todos, porque Viana é a súa xente, todos os que vivimos e queremos a esta vila, a esta terra, somos Viana e a nós corresponde a responsabilidade de deixar aos nosos fillos e netos unha terra na que se poida vivir.

É a nosa empresa, a nosa responsabilidade, a de todos.
Por recursos, por territorio, por situación xeográfica, Viana ten que xogar no século XXI o papel que lle foi sustraído no século XX. Non é tarefa fácil, pero aínda estamos a tempo. Pódennos axudar desde as distintas administracións públicas, pero a iniciativa correspóndenos a nós.

Esa é a tarefa que nos propoñemos levar cabo desde a Executiva Local do PSdeG-PSOE de Viana: implantar en Terras de Viana un proxecto global de empresa apoiado por todos, para o sua defensa diante das distintas administracións públicas. Non nos podemos permitir o luxo perder oportunidades de ‘negocio' nesta empresa que é Viana por falta de iniciativas.
Os nosos visitantes poderán opinar (mandar as súas opinións) a esta páxina, só terás que enviarnos os teus comentarios a este enderezo: informacion@psoeviana.es Publicaranse segundo orde de chegada. Non se admitirán: palabras mal soantes, descualificacións, falar mal de segundas persoas, etc. podendo o noso redactor en todo momento decidir se se publica o artigo en cuestión.


ORZAMENTOS XUNTA DE GALICIA 2012. P. OURENSE